Preguntas frecuentes
De que se ocupa a psicoloxía do deporte?
A psicoloxía deportiva aplica coñecementos de distintas ramas da psicoloxía (psicoloxía educativa ou psicoloxía social entre outras) ao contexto deportivo. Partindo desta base, a nosa función é observar, evaluar e modificar o comportamento que se produce dentro do deporte co obxectivo principal de estabilizar e aumentar o rendemento.
¿Por qué un psicólogo deportivo?
Quizás nalgún momento temos sentido con falta de confianza á hora de competir, con pensamentos que non te axudan a dar tu máximo nivel ou que hai certos elementos (rivais ou árbitros) que che sacan do partido ou simplemente acabas coa sensación de que podías ter feito máis. Se foi, o traballo cun psicólogo deportivo te axudará a manexar aspectos como a concentración, a autoconfianza ou o control da activación para axudarte a sacar tu mellor versión.
A psicoloxía deportiva é só para deportistas profesionais?
Non. Igual que outras disciplinas do deporte non son específicas do alto rendemento, a psicoloxía deportiva pode axudarte tanto se é un deportista profesional como se simplemente é alguén(xugador/a, entrenador/a, árbitro,…) que quere aumentar o seu rendemento deportivo.
Que se traballa nunha sesión?
En todas as sesións, traballaremos de maneira totalmente individualizada a tu situación persoal. Non hai dous casos iguais, polo que a sesión xirará arredor de ti, o teu contexto, a túa situación actual e as metas que che gustaría acadar.
Está garantida a confidencialidade?
Tal e como se indica no Código Ético, a confidencialidade está totalmente garantida durante as sesións.
¿CANTO DURAN AS SESIÓNS?
As sesións teñen unha duración de 50 minutos a un prezo de 60€ cada unha.
¿Cómo son as sesións Online?
As sesións online son exactamente igual que as presenciais, coa vantaxe de que poderás ter as sesións desde dónde ti queiras, sen o inconvinte de ter que moverte de casa se así o prefieres mantendo os mesmos beneficios que unha sesión presencial. Totalmente adaptado aos teus horarios para realizar a sesión dende onde ti queiras.
Que métodos de pago teño dispoñibles?
Podes pagar como queiras, xa sexa mediante Bizum, transferencia bancaria ou en metálico se o prefires, e a sesión é presencial.